Parécenos moi boa esta presentación en diapositivas de Slideshare, que resume dun xeito bastante completo, e acompañándose de viñetas de Mafalda, as recomendacións máis xerais e básicas para a estimulación da linguaxe oral dos nenos/as.
- Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.
- Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable é ampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.
- Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar. (…) (Ver o artigo completo neste enlace)
Tamén están resumidas na seguinte imaxe recollida na web do mesmo colexio:

Na web do CEIP Terra Chá hai unha serie de orientacións máis globais, orientadas tamén ao profesorado, que inclúen exercicios de respiración e sopro, exercicios linguais e labiais, atención e concentración, memoria visual, etc.
Por último, e xa claramente dirixido ao profesorado, temos esta presentación en Slideshare sobre Prevención de dislalias e estimulación da linguaxe oral en educación infantil:
O mutismo selectivo reférese ao silencio selectivo nun neno/a que só fala libremente en situaciones moi familiares. Nenos que presentan este problema só falan confortablemente con membros moi cercanos da súa familia, e deixan de falar en contextos como o escolar. Algúns nenos evitan o contacto ocular e non se comunican de ningunha forma cos demais.
Engadimos deseguido unha lista de documentos que nos axudan a precisar un diagnóstico de mutismo selectivo e que nos ofrecen orientacións e recursos para o seu tratamento:
MUTISMO SELECTIVO: INFORME DA REDE NORTEAMERICANA DE ANSIEDADE NA INFANCIA; (traducido de http://selectivemutism.org), documento pdf de 14 páxinas, bastante completo.
Mutismo Selectivo – Perfil Del Silencio, por Richard Gallagher, Ph.D., traducido por Cristina Domínguez Martín e Lorena Gómez Guerrero. Documento web de 5 páxinas.
Mutismo selectivo, en Medline Plus, breve resumo das características máis xerais.
Nuestros niños (Programa de radio, California, EEUU) Guías: Emociones. Menos técnico que os anteriores, orientado a pais e nais, 1 páxina.
En dúas décadas, Howard Gardner revolucionou a psicoloxía coa súa teoría das intelixencias múltiples. O seu traballo incidíu na mellora do sistema educativo e valeulle un recoñecemento internacional e numerosas distincións, entre elas, o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011.

Xose on Decembro 17th 2011 in Formación profesorado
«A dislexia é un transtorno de orixe neurobiolóxica, que ocasiona gran parte dos fracasos escolares. Maniféstase na dificultade para a lectura, escritura, problemas de orientación espacial e temporal, en ocasións pode afectar no cálculo e lóxica matemática, e tamén existen nenos disléxicos que presentan problemas a nivel motriz. A dislexia é independente de calquera causa intelectual, cultural e emocional, e dase con nenos/as que posúen unha intelixencia adecuada e unha escolarización convencional». Ver na Páxina web oficial de DISFAM (Asociación Dislexia e Familia)

Un artigo moi completo coa definición, causas, diagnóstico e tratamento é o seguinte: Dislexia: Información, Diagnóstico y Tratamiento de la Dislexia, publicado en Psicopedagogía.com
Atopamos unhas recomendacións sinxelas de como actuar a nivel familiar e escolar na web da Asociación 
Documental sobre dislexia, PALABRAS AL VIENTO, realizado polo equipo de DOCUMENTOS TV

Protocolos de identificación de alumnos con DISLEXIA. Inclúe propostas de adaptacións metodolóxicas e distintas páxinas de información
Máis recursos no blog PROFE DE AL
Xose on Agosto 14th 2011 in Audición e linguaxe
Hoxe tivemos no noso cole de A Rúa unha charla dirixida aos pais e nais do alumnado de 6º curso, impartida polo xefe de estudos e a orientadora do IES de Rodeira, centro ao cal estamos adscritos. Nesta charla, informáronnos sobre moitos aspectos do Instituto que nos interesa coñecer a todos e todas: cales son os horarios de clases, cales as normas de réxime interno, servizos que ofrece o centro, instalacións, etc, etc. O vindeiro 15 de marzo, ás 17:30, os pais e nais do alumnado de 6º curso están invitados a visitar o IES de Rodeira para coñecer sobre o terreo as instalacións do centro.
Pinchando na imaxe podes acceder á web do IES de Rodeira, onde atoparás información xeral sobre diversos aspectos.

No seguinte enlace do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso, de Marín, tes información detallada sobre a etapa da ESO: En que consiste esta etapa, Que duración ten, Que materias se imparten en 1º e 2º cursos da ESO, cales son os criterios de promoción de curso, etc.

ruagalego on Febreiro 23rd 2011 in Orientación a pais e nais
Invitamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar na Escola de pais e nais que organiza o departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas e na que colaboran a ANPA do noso colexio e o Departamento de Orientación.
A primeira sesión será o vindeiro xoves, día 21 de outubro, ás 17:00, no CEIP A Rúa. Despois celebrarase unha sesión cada quincena.
Unha escola de pais e nais trata os temas que máis nos preocupan sobre a educación e relación cos nosos fillos e fillas, e permite compartir os nosos puntos de vista cos doutros pais e nais.
É moi importante a vosa presenza, pois para que esta actividade se leve a cabo necesítase unha participación mínima de 12 pais e nais.
Lembrade que podedes traer aos vosos fillos/as pois temos unha coidadora que se fará cargo deles!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
ruagalego on Outubro 20th 2010 in Orientación a pais e nais
O conflito é aceptado como unha parte inevitable do funcionamento social. Se existise unha vida sen conflitos estariamos privados das oportunidades necesarias para realizarnos. Aprendemos a través e grazas ao conflito. Pero o conflito soe resultar problemático e necesitamos de estratexias para canalizalo, para regulalo e encamiñalo de xeito que sexa construtivo para nós.
A modo de introdución pincha na imaxe de abaixo e terás unha exemplificación gráfica dunha estratexia básica para regular un conflito. Na web de Educarueca explícannos como traballar na aula a dinámica dos dous burros.

(Fonte do debuxo: Movemento americano contra a guerra – «No Foreing War Crusade – 1937″)
A seguir presentamos tres documentos que nos ofrecen información e recursos didácticos para traballar a regulación dos conflitos interpersoais na aula:
O primeiro é un documento de texto de 24 páxinas a modo dunha guía básica para docentes de ensinanza primaria. Analiza aspectos de provención, relaxación, análise do conflito, comunicación, empatía, asertividade, toma de decisións, mediación, metodoloxía didáctica e bibliografía.
A mesma web que recolle o enlace anterior ofrece un programa completo de resolución de conflitos secuenciado por idades, dende os 3 anos de educación infantil ata 6º curso de primaria, e que podemos imprimir por seccións independentes.
Por último, e xa enfocado aos docentes de primaria e secundaria presentamos este Taller de resolución/regulación de conflitos, realizado por Emilio Arranz Beltrán, que inclúe moitas dinámicas e vídeos.

Na escola de pais e nais desta semana rematamos a sección de Habilidades Sociais, parándonos en como mellorar o noso autocontrol emocional e como afrontar a regulación de conflitos.
Vimos que unha emoción sempre se acompaña dun pensamento. A técnica básica para controlar as emocións consiste en intentar controlar os pensamentos buscando sempre posicións reflexivas e racionais.
A modo de resumo do tratado na sesión temos estes dous enlaces: a) Na web de Isabel Salama, sobre o autocontrol emocional. b) Na web Psicología Online, artigo de Ángel Antonio Marcuello García, sobre técnicas de control emocional.
É tamén moi boa esta presentación, en formato PDF, de 100 páxinas, co título «Autocontrol emocional y asertividad» adaptada por Ramon Casals, con autorización de Juana Pulido Díez.
Para coñecer aspectos básicos da educación emocional ofrecemos varios enlaces:
Recomendo unha moi boa web cun bo artigo sobre a intelixencia emocional e o control das emocións, en htttp://www.down21.org
Un artigo en formato PDF de 21 páxinas, co título de «La educación emocional», elaborado polo E.O.E.P nº 1 de Zaragoza.

A imaxe foi obtida neste artigo publicado na web http://www.concejoeducativo.org
En Google Books está publicado este libro que inclúe programas para educación primaria, por ciclos. O libro está coordinado por Agnès Renom Plana, e editado por Wolters Kluwer.

Unha técnica moi utilizada con nenos e nenas é a técnica do semáforo, que busca asociar as cores do semáforo co control das emocións e a busca de condutas reflexivas.
Temos máis recursos nunha entrada anterior deste mesmo blog.
No blog Orientación Andújar teñen unha excelente sección que inclúe un programa moi completo para traballar a mellora da atención do alumnado desde a etapa de educación infantil, con infinidade de fichas para imprimir.
Estas actividades non son só recomendadas para o alumnado diagnosticado con TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade), senón que resultan enriquecedoras para todos, pois hoxe en día a sobreestimulación á que están sometidos os máis pequenos dificulta un desenvolvemento axeitado desta capacidade básica na adquisición da aprendizaxe.
No seu blog inclúen un documento con pautas básicas para a mellora da atención así como unha proposta de exercicios variados de: asociación visual, percepción de diferenzas, integración visual, identificación de intrusos, discriminación e agudeza visual, labirintos, seguimento visual, agudeza visual, figura-fondo, atención auditiva, localización rápida de datos, etc., ao que remite o seguinte enlace:
ORIENTACION ANDUJAR- PAUTAS E ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A ATENCIÓN
Ver a sección completa pinchando na imaxe:
Hoxe, na escola de pais e nais traballamos a autoestima, unha cualidade básica para a correcta socialización dos nosos fillos e fillas. Enlazamos de seguido uns artigos para saber máis sobre a autoestima:
1. Na web de Guía Infantil.com
temos unha sección dedicada a este tema, con varios artigos de sinxela lectura:
2. Na wikipedia atopamos a súa definición e os rasgos que definen unha boa e unha mala autoestima.
3. Na web de psicología-online temos un artigo que destaca as formas de mellorar a nosa autoestima e como elaborar proxectos de superación persoal.
4. Finalmente, no blog de Orientación Andújar
atopamos unha recompilación de actividades e dinámicas para a mellora da autoestima para os nenos e nenas de educación infantil e primaria, que reproducimos a continuación:
TITORIAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL
- Autoestima.
TITORIAS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
- Autoestima.