Plan de Orientación Educativa 2009-2010

No último claustro aprobamos o plan de orientación educativa para este curso. O plan de orientación educativa inclúe tanto o plan de acción titorial (PAT) como o plan de atención á diversidade (PAD).

Plan de Orientación Educativa do CEIP A Rúa, 2009-2010

As liñas prioritarias a desenvolver durante este curso serán as seguintes:

Promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflitos: negociación das normas de aula, elección de representantes de convivencia por cada aula, desenvolvemento de obradoiros de habilidades sociais, etc.

Atención á diversidade: detección de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e distribución dos recursos necesarios, persoais e materiais, para a súa atención.

Apoio á función titorial: avaliación inicial do alumnado, participación nas sesións de avaliación, habilidades sociais e resolución de conflitos, hábitos e técnicas de estudo, etc. O departamento de orientación tamén ofrece asesoramento na posta en práctica da cultura das competencias e os cambios que implica a nivel de programacións, metodoloxía e avaliación principalmente.

Coordinación co IES de Rodeira nos programas  que están en funcionamento, tal como o programa de transición do alumnado de 6º de primaria aos estudos de ESO.

Impulso da participación dos pais e nais nas tarefas educativas, posta en marcha dunha escola de nais e pais en colaboración co concello.

Coordinación cos orientadores da zona e participación en proxectos de formación.

Posta en marcha dun blog do departamento de orientación que sirva de canle de información á comunidade educativa, especialmente ás familias do noso alumnado.

Comentarios desactivados en Plan de Orientación Educativa 2009-2010

XoseOutubro 31st 2009Xose on in Formación profesorado

Os comentarios están pechados.