O protagonista da semana

“O Protagonista da Semana” é unha actividade para facer na aula e que pode axudar especialmente a nenos/as con baixa autoestima ou con dificultades de relación social.

Esta estratexia, que se fai con todos os nenos e nenas da aula -un por semana- ten como obxectivo máis importante  resaltar as características positivas dos nenos/as diante dos seus compañeiros.

Elaboramos un cartel que se coloca na aula para recoller as características do “Protagonista da Semana”. Neste cartel pódense colocar fotografías do neno/a, da súa familia, da súa casa…; debuxos feitos polo neno/a; anécdotas da súa vida que envíen os seus pais, etc.  Para iso, pídese a colaboración destes mediante unha carta na que se lles explica a actividade.

(Fonte da imaxe: http://pachinypachan.blogia.com/temas/protagonista-de-la-semana.php)

Entre as características que se anotan nese cartel atópanse:

  • Características de identidade: talla, peso,…
  • Afeccións e gustos persoais: comidas, xogos, contos,…
  • Cousas boas, cualidades positivas

Para iso, os compañeiros deben sinalar cualidades positivas do neno/a-protagonista. Este é un dos momentos máis importantes da actividade en relación ao neno/a  con baixa autoestima, xa que o enfoque sobre o positivo mellorará a valoración social do neno/a e o seu  propio autoconcepto.

Finalmente co cartel faise un libro de regalo ao neno/a para que o leve á súa casa de recordo.

Esta actividade admite algunhas variantes. Temos máis materiais para ampliar información en:

1. Artigo en PDF, de 17 páxinas, elaborado por Cristina Bertran Culla e Anna Gassó Gimeno, na revista Aula Material, nº 33, Outubro 1995, Suplemento Aula 43. Moi completo e con fichas xa elaboradas para imprimir.

2. Artigo en PDF, de 5 páxinas, elaborado por Gema Paz de Castro, na revista dixital Investigación y Educación, nº 22, febreiro 2006. Explicación sinxela da actividade.

3. Un exemplo dun libro elaborado, no blog La Cajita Mágica.

Comentarios desactivados en O protagonista da semana

XoseNovembro 19th 2009Xose on in Convivencia, Metodoloxía aula

Os comentarios están pechados.