Aprendendo habilidades sociais

Na web de  atopamos un bo artigo que resume axeitadamente en que consisten as habilidades sociais ou a arte de relacionarnos ben cos demais. As habilidades sociais son condutas aprendidas e, polo tanto, podemos melloralas. Facilitan a relación con outras persoas e axúdannos a ser máis nós mesmos, reivindicando os nosos dereitos e peculiaridades sen nega-los dereitos dos demais.

Algunhas destas habilidades son:

. Saber iniciar e manter unha conversación.

. Escoitar aos outros e poñernos no seu lugar.

. Sabe presentarnos, dar cumpridos, dar as grazas, desculparnos, pedir favores,…

. Saber dicir que non.

. Aprender a negociar, a consensuar, a chegar a acordos… e moitas outras máis.

Reproducimos algunhas liñas do artigo citado:

“A arte de convivir cos demais consiste en non quedar curto e en non se pasar. É un equilibrio entre ambos extremos, o que se coñece como asertividade: ser nós mesmos e resultar convincentes sen incomoda-los outros”. A asertividade é un tipo de conduta que sería o termo medio ou o equilibrio entre dous extremos: a pasividade (conduta tipo rato) e a agresividade (conduta tipo monstro).

O comportamento tipo rato é o daquelas persoas que sempre andan agachadiñas, escondendo a cabeza e que non se atreven a mirar aos ollos das persoas coas que falan. Son moi tímidas e tampouco saben dicir que non e non son capaces de defender os seus dereitos.

O comportamento tipo monstro é o das persoas que sempre queren impoñer os seus dereitos pero sen respectar os dos demais. Soen falar moi alto e ata berrar e son moi botados para diante e desconsiderados cos demais.

O comportamento tipo eu mesmo/a sería o máis axeitado e o propio das persoas que teñen boas habilidades sociais. Unha persoa que é ela mesma sabe defender os seus dereitos e respectar ao mesmo tempo os dereitos dos demais. Sabe falar a modo, mirando aos ollos dos demais, sabe escoitar e procura comprender o que lle din e non só iso, senón tamén -e o máis importante-, procura comprender como se senten as outras persoas e saber se están contentas e tranquilas ou preocupadas e tristes, para así poder axudalas se a outra persoa llo pide.

Temos un resumo de todo o anterior na seguinte presentación:

No artigo tamén se incide na importancia da linguaxe non verbal (a mirada, o sorriso, a postura corporal), e diversos aspectos da voz (entoación, ton, volume, fluídez…).

Neste enlace podemos ampliar a información sobre as habilidades sociais, que inclúe exemplos de condutas asertivas.

Para profesores e pais e nais o seguinte vídeo pode servir de introdución ao significado da “Asertividade”. No vídeo,  as autoras  Eva Bach e Anna Forés fálannos do seu libro que versa sobre este tema. (Ver especialmente a partir do minuto 4 ata o final do vídeo).

Máis información en:

Alǵuns trucos para mellorar as habilidades sociais, técnicas comunicativas

Comentarios desactivados en Aprendendo habilidades sociais

XoseFebreiro 6th 2010Xose on in Convivencia

Os comentarios están pechados.