Educando emocións

Na escola de pais e nais desta semana rematamos a sección de Habilidades Sociais, parándonos en como mellorar  o noso autocontrol emocional e como afrontar a regulación de conflitos.

Vimos que unha emoción sempre se acompaña dun pensamento. A técnica básica para controlar as emocións consiste en intentar controlar os pensamentos buscando sempre posicións reflexivas e racionais.

A modo de resumo do tratado na sesión temos estes dous enlaces: a) Na web de Isabel Salama, sobre o autocontrol emocional. b) Na web Psicología Online, artigo de Ángel Antonio Marcuello García, sobre técnicas de control emocional.

É tamén moi boa esta presentación, en formato PDF, de 100 páxinas, co título “Autocontrol emocional y asertividad” adaptada por Ramon Casals, con autorización de Juana Pulido Díez.

Para coñecer aspectos básicos da educación emocional ofrecemos varios enlaces:

Recomendo unha moi boa web cun bo artigo sobre a intelixencia emocional e o control das emocións, en htttp://www.down21.org

Un artigo en formato PDF de 21 páxinas, co título de “La educación emocional”,  elaborado polo E.O.E.P nº 1 de Zaragoza.

A imaxe foi obtida neste artigo publicado na web http://www.concejoeducativo.org

En Google Books está publicado este libro que inclúe programas para educación primaria, por ciclos. O libro está coordinado por Agnès Renom Plana, e editado por Wolters Kluwer.

Unha técnica moi utilizada con nenos e nenas é a técnica do semáforo, que busca asociar as cores do semáforo co control das emocións e a busca de condutas reflexivas.

Temos máis recursos nunha entrada anterior deste mesmo blog.

 

ACTUALIZACIÓNS

Outubro 2015

Moi interesante a web palabrasaladas.com, que nos presenta o libro EMOCIONARIO, moi recomendado para todas as idades.

Comentarios desactivados en Educando emocións

XoseMarzo 19th 2010Xose on in Convivencia, Orientación a pais e nais

Os comentarios están pechados.