Transición de 6º de primaria a 1º de ESO

Hoxe tivemos no noso cole de A Rúa unha charla dirixida aos pais e nais do alumnado de 6º curso, impartida polo xefe de estudos e a orientadora do IES de Rodeira, centro ao cal estamos adscritos. Nesta charla, informáronnos sobre moitos aspectos do Instituto que nos interesa coñecer a todos e todas: cales son os horarios de clases, cales as normas de réxime interno, servizos que ofrece o centro, instalacións, etc, etc.  O vindeiro 15 de marzo, ás 17:30, os pais e nais do alumnado de 6º curso están invitados a visitar o IES de Rodeira para coñecer sobre o terreo as instalacións do centro.

Pinchando na imaxe podes acceder á web do IES de Rodeira, onde atoparás información xeral sobre diversos aspectos.

No seguinte enlace do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso, de Marín, tes información detallada sobre a etapa da ESO: En que consiste esta etapa, Que duración ten, Que materias se imparten en 1º e 2º cursos da ESO, cales son os criterios de promoción de curso, etc.

Comentarios desactivados en Transición de 6º de primaria a 1º de ESO

ruagalegoFebreiro 23rd 2011ruagalego on in Orientación a pais e nais

Os comentarios están pechados.