“Cuestión de Educación” en Salvados (La Sexta TV)

Con data do 3 de febreiro emitiuse en La Sexta o programa dedicado ao estado da educación en España. Comeza Jordi Évole debuxando o panorama da educación, e en particular da escola pública, mediante unha entrevista a Xurxo Torres (catedrático de educación na Universidade de A Coruña) e outra a Francesc Freixanet (director dunha escola pública en Cataluña). Na segunda parte do programa viaxa a Finlandia para  estudar a realidade educativa nese país e comparala coa realidade española. Acompáñase dunha entrevista a unha profesora finlandesa dunha sección bilingüe en español e a un profesor español que traballa en Finlandia. O contraste entre o sistema educativo dos dous países é moi grande (e tal vez tamén o propio sistema social). O programa remata cunha frase moi emotiva.

Este programa ofrece unha invitación para reflexionar sobre cuestións básicas, como a formación do profesorado e o seu prestixio social, o compromiso político por un modelo educativo a longo prazo, o papel das familias como educadores, etc.

CuestEducacion

Comentarios desactivados en “Cuestión de Educación” en Salvados (La Sexta TV)

ruagalegoFebreiro 4th 2013ruagalego on in Formación profesorado

Os comentarios están pechados.