Aprendizaxe Cooperativa na aula (Programa CA/AC)

Presentamos un recurso básico de axuda aos docentes que utilizan ou simplemente senten curiosidade pola metodoloxía de aprendizaxe cooperativa na aula.

Son moitos os beneficios atribuídos a esta metodoloxía, que utilizada dun xeito sistemático contribúe sen dúbida a mellorar a cohesión grupal e o clima de aula e permite ao alumnado aprender a traballar en equipo, un dos piares das competencias clave.

O PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar”) PARA ENSINAR A APRENDER EN EQUIPO, (Implementación da aprendizaxe cooperativa na aula), é un manual de 156 páxinas, en pdf, coordinado por Pere Pujolàs e José Ramón Lago, e coa participación de  Mila Naranjo, Olga Pedragosa, Gemma Riera, Jesús Soldevila, Glòria Olmos, Alba Torner e Carles Rodrigo. Editado pola Universidade de Vic

Ver noutro enlace

MÁIS DOCUMENTACIÓN:

Presentación co resumo do libro referido arriba, en Scribd:

Programa ca ac-zaratamo-mayo-2010- from Irene Gonzalez

 Presentación da Ponencia de Pere Pujols nas VI Xornadas de Cooperación Educativa con Iberoamérica sobre educación especial e inclusión educativa. (2009)

Presentación multimedia co resumo da parte 2 do libro.

Comentarios desactivados en Aprendizaxe Cooperativa na aula (Programa CA/AC)

XoseMarzo 12th 2015Xose on in Metodoloxía aula

Os comentarios están pechados.