Aprendendo a estudar

Estudar, apropiarse do coñecemento e darlle significado non é tarefa doada. O coñecemento aséntase sobre experiencias previas, fixadas na memoria grazas ás accións e as emocións. Se esta base previa é reducida, aumentan as dificultades para incorporar novo coñecemento.

Aínda así, esta tarefa de construír o propio coñecemento vese facilitada se utilizamos un método e as técnicas axeitadas, tal e como en calquera outra actividade.

Na web Aprendo a estudar (O oficio de estudante), exponse o método básico de aprendizaxe, dirixida a alumnado dos últimos cursos de primaria e de ESO.

Outros recursos:

 Web: aprender a estudiar, elaborada por Raúl Martínez.

Colegio Salesianos Los Boscos, método de estudo para primaria con 4 caderniños que poden imprimirse (cada un con 25 páxinas en pdf)

Comentarios desactivados en Aprendendo a estudar

XoseAbril 24th 2015Xose on in Método de estudo

Os comentarios están pechados.