Comprensión lectora, recursos para primaria

FICHAS PARA LER E CONTESTAR PREGUNTAS

Plan de lectura interactivo, CEIP de LORETO,  Fonte: M.C.E.P.-G.T. SEVILLA (1986)
Deseño e Actualización: Rafael González Moreno (2008). Colección de 100 textos de tipoloxía variada para traballar a comprensión lectora,  para todos os cursos de primaria. Descargables en pdf.

Banco de lecturas para primeiro ciclo de primaria, pdf de 85 páxinas, descargable de Google Docs, con selección de textos  coas súas respectivas preguntas de comprensión lectora.

12 fichas de Comprensión lectora directa. Seguir las indicaciones. 1º ciclo EP,

en formato Zip, para descargar, recollido da web ladislexia.net

 

 

200 fichas de colección de textos curtos para 1º e 2º de primaria, clasificados segundo tipo de actividades, no blog aula PT.

 

APLICACIÓNS ONLINE PARA TRABALLAR NO ORDENADOR

Aplicación LEA (Lectoescritura Adaptada), de Juan García Moreno, do CEIP Blas Infante, en Lebrija, Sevilla. Ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe, semidirixida ou autónoma, das competencias lectoras e escritoras básicas, tanto na súa fase inicial como nas de afianzamento. Ver información didáctica sobre esta aplicación.

Aplicación ALE (Axuda á Lectoescritura), Aplicación desenvolvida pola Junta de Andalucía na que se presentan varias actividades de ortografía, lectura, escritura e vocabulario.  Autores: Francisco López Hijano y Francisco Vega Sepúlveda.

Ayudaalalectoescritura

Comprensión lectora (prácticas de lectura intensiva), recollido na web de xtec.cat. Múltiples exercicios de Ordenar unidades, completar textos, relacionar textos, discriminar información, etc.

Comprensión lectora

(Prácticas de lectura intensiva)

Fondo lector é un programa online de desenvolvemento da lectura comprensiva dirixido a alumnos que se atopan na fase de aprendizaxe lector e sobre todo a aqueles con problemas de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Os exercicios son do seguinte tipo:

Ordenar as palabras dunha frase
Ordenar unha secuencia de frases
Responder a preguntas dunha lectura
Relacionar unha palabra co seu sinónimo
Relacionar unha palabra con seu antónimo
Atopar unha palabra que non garda relación coas demais

Fichas de Comprensión lectora interactivas, CEIP de LORETO, Fonte: Servicio de Inspección de Sevilla. Interactividad: Rafael González Moreno (2013), C.E.I.P. “Ntra. Sra. de Loreto” – Dos Torres (Córdoba). Colección de 100 fichas de comprensión lectora para cubrir online.

Comprensión lectora, colección de 100 fichas con textos e preguntas para cada un dos ciclos de primaria, para contestar online. Recollida na web do CEIP de LORETO.

 

No Comments »

XoseDecembro 21st 2016Xose on in Dificultades de aprendizaxe

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta