Archive for the 'Convivencia' Category

Regulación dos conflitos

O conflito é aceptado como unha parte inevitable do funcionamento social.  Se existise unha vida sen conflitos estariamos privados das oportunidades necesarias para realizarnos. Aprendemos a través e grazas ao conflito. Pero o conflito soe resultar problemático e necesitamos de estratexias para canalizalo, para regulalo e encamiñalo de xeito que sexa construtivo para nós.

A modo de introdución pincha na imaxe de abaixo e terás unha exemplificación gráfica dunha estratexia básica para regular un conflito. Na web de Educarueca explícannos como traballar na aula a dinámica dos dous burros.

(Fonte do debuxo: Movemento americano contra a guerra – “No Foreing War Crusade – 1937”)

A seguir presentamos tres documentos que nos ofrecen información e recursos didácticos para traballar a regulación dos conflitos interpersoais na aula:

O primeiro é un documento de texto de 24 páxinas a modo dunha guía básica para docentes de ensinanza primaria. Analiza aspectos de provención, relaxación, análise do conflito, comunicación, empatía, asertividade, toma de decisións, mediación, metodoloxía didáctica e bibliografía.

A mesma web que recolle o enlace anterior ofrece un programa completo de resolución de conflitos secuenciado por idades, dende os 3 anos de educación infantil ata 6º curso de primaria, e que podemos imprimir por seccións independentes.

Por último, e xa enfocado aos docentes de primaria e secundaria presentamos este Taller de resolución/regulación de conflitos, realizado por Emilio Arranz Beltrán, que inclúe moitas dinámicas e vídeos.

Comentarios desactivados en Regulación dos conflitos

XoseMarzo 20th 2010Convivencia, Recursos para a aulaXose on in

Educando emocións

Na escola de pais e nais desta semana rematamos a sección de Habilidades Sociais, parándonos en como mellorar  o noso autocontrol emocional e como afrontar a regulación de conflitos.

Vimos que unha emoción sempre se acompaña dun pensamento. A técnica básica para controlar as emocións consiste en intentar controlar os pensamentos buscando sempre posicións reflexivas e racionais.

A modo de resumo do tratado na sesión temos estes dous enlaces: a) Na web de Isabel Salama, sobre o autocontrol emocional. b) Na web Psicología Online, artigo de Ángel Antonio Marcuello García, sobre técnicas de control emocional.

É tamén moi boa esta presentación, en formato PDF, de 100 páxinas, co título “Autocontrol emocional y asertividad” adaptada por Ramon Casals, con autorización de Juana Pulido Díez.

Para coñecer aspectos básicos da educación emocional ofrecemos varios enlaces:

Recomendo unha moi boa web cun bo artigo sobre a intelixencia emocional e o control das emocións, en htttp://www.down21.org

Un artigo en formato PDF de 21 páxinas, co título de “La educación emocional”,  elaborado polo E.O.E.P nº 1 de Zaragoza.

A imaxe foi obtida neste artigo publicado na web http://www.concejoeducativo.org

En Google Books está publicado este libro que inclúe programas para educación primaria, por ciclos. O libro está coordinado por Agnès Renom Plana, e editado por Wolters Kluwer.

Unha técnica moi utilizada con nenos e nenas é a técnica do semáforo, que busca asociar as cores do semáforo co control das emocións e a busca de condutas reflexivas.

Temos máis recursos nunha entrada anterior deste mesmo blog.

 

ACTUALIZACIÓNS

Outubro 2015

Moi interesante a web palabrasaladas.com, que nos presenta o libro EMOCIONARIO, moi recomendado para todas as idades.

Comentarios desactivados en Educando emocións

XoseMarzo 19th 2010Convivencia, Orientación a pais e naisXose on in

Mellora da autoestima

Hoxe, na escola de pais e nais traballamos a autoestima, unha cualidade básica para a correcta socialización dos nosos fillos e fillas. Enlazamos de seguido uns artigos para saber máis sobre a autoestima:

1. Na web de Guía Infantil.com temos unha sección dedicada a este tema, con varios artigos de sinxela lectura:

2. Na wikipedia atopamos a súa definición e os rasgos que definen unha boa e unha mala autoestima.

3. Na web de psicología-online temos un artigo que destaca as formas de mellorar a nosa autoestima e como elaborar proxectos de superación persoal.

4. Finalmente, no blog de Orientación Andújar atopamos unha recompilación de actividades e dinámicas para a mellora da autoestima para os nenos e nenas de educación infantil e primaria, que reproducimos a continuación:

TITORIAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Autoestima.

TITORIAS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Autoestima.

Comentarios desactivados en Mellora da autoestima

XoseMarzo 4th 2010Convivencia, Recursos para a aulaXose on in

Aprendendo habilidades sociais

Na web de  atopamos un bo artigo que resume axeitadamente en que consisten as habilidades sociais ou a arte de relacionarnos ben cos demais. As habilidades sociais son condutas aprendidas e, polo tanto, podemos melloralas. Facilitan a relación con outras persoas e axúdannos a ser máis nós mesmos, reivindicando os nosos dereitos e peculiaridades sen nega-los dereitos dos demais.

Algunhas destas habilidades son:

. Saber iniciar e manter unha conversación.

. Escoitar aos outros e poñernos no seu lugar.

. Sabe presentarnos, dar cumpridos, dar as grazas, desculparnos, pedir favores,…

. Saber dicir que non.

. Aprender a negociar, a consensuar, a chegar a acordos… e moitas outras máis.

Reproducimos algunhas liñas do artigo citado:

“A arte de convivir cos demais consiste en non quedar curto e en non se pasar. É un equilibrio entre ambos extremos, o que se coñece como asertividade: ser nós mesmos e resultar convincentes sen incomoda-los outros”. A asertividade é un tipo de conduta que sería o termo medio ou o equilibrio entre dous extremos: a pasividade (conduta tipo rato) e a agresividade (conduta tipo monstro).

O comportamento tipo rato é o daquelas persoas que sempre andan agachadiñas, escondendo a cabeza e que non se atreven a mirar aos ollos das persoas coas que falan. Son moi tímidas e tampouco saben dicir que non e non son capaces de defender os seus dereitos.

O comportamento tipo monstro é o das persoas que sempre queren impoñer os seus dereitos pero sen respectar os dos demais. Soen falar moi alto e ata berrar e son moi botados para diante e desconsiderados cos demais.

O comportamento tipo eu mesmo/a sería o máis axeitado e o propio das persoas que teñen boas habilidades sociais. Unha persoa que é ela mesma sabe defender os seus dereitos e respectar ao mesmo tempo os dereitos dos demais. Sabe falar a modo, mirando aos ollos dos demais, sabe escoitar e procura comprender o que lle din e non só iso, senón tamén -e o máis importante-, procura comprender como se senten as outras persoas e saber se están contentas e tranquilas ou preocupadas e tristes, para así poder axudalas se a outra persoa llo pide.

Temos un resumo de todo o anterior na seguinte presentación:

No artigo tamén se incide na importancia da linguaxe non verbal (a mirada, o sorriso, a postura corporal), e diversos aspectos da voz (entoación, ton, volume, fluídez…).

Neste enlace podemos ampliar a información sobre as habilidades sociais, que inclúe exemplos de condutas asertivas.

Para profesores e pais e nais o seguinte vídeo pode servir de introdución ao significado da “Asertividade”. No vídeo,  as autoras  Eva Bach e Anna Forés fálannos do seu libro que versa sobre este tema. (Ver especialmente a partir do minuto 4 ata o final do vídeo).

Máis información en:

Alǵuns trucos para mellorar as habilidades sociais, técnicas comunicativas

Comentarios desactivados en Aprendendo habilidades sociais

XoseFebreiro 6th 2010ConvivenciaXose on in

Recursos para educación en valores e educación emocional, xogos cooperativos

No blog   atópase unha extensa selección de recursos para traballar co alumnado de educación infantil e primaria aspectos diversos de educación en valores e de educación emocional.

TITORIAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Educación en Valores.  (Autoestima, Cooperación, Responsabilidade, Tolerancia…)

Educación Emocional. (Expresar sentimentos, aprender a pensar, comunicación verbal e non verbal, Sentir e pensar…)

TITORIAS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Educación en Valores.

Educación Emocional.

Nesta mesma liña tamén resulta moi interesante traballar con xogos cooperativos. Podedes atopar algúns nos enlaces que seguen:

Xogos cooperativos para a convivencia sen violencia, na web de Educarueca.


Xogos para a cooperación e a paz, elaborados por Antonio Vicent, inclúe varias categorías de xogos:

Comentarios desactivados en Recursos para educación en valores e educación emocional, xogos cooperativos

XoseXaneiro 28th 2010Convivencia, Recursos para a aulaXose on in

A agresividade infantil

Na web de Guía Infantil atopamos este vídeo ilustrativo de introdución a este tema:

E aquí recollemos unha serie de artigos que achegan ideas para resolver este problema:

Comentarios desactivados en A agresividade infantil

XoseDecembro 14th 2009Convivencia, Orientación a pais e naisXose on in

O protagonista da semana

“O Protagonista da Semana” é unha actividade para facer na aula e que pode axudar especialmente a nenos/as con baixa autoestima ou con dificultades de relación social.

Esta estratexia, que se fai con todos os nenos e nenas da aula -un por semana- ten como obxectivo máis importante  resaltar as características positivas dos nenos/as diante dos seus compañeiros.

Elaboramos un cartel que se coloca na aula para recoller as características do “Protagonista da Semana”. Neste cartel pódense colocar fotografías do neno/a, da súa familia, da súa casa…; debuxos feitos polo neno/a; anécdotas da súa vida que envíen os seus pais, etc.  Para iso, pídese a colaboración destes mediante unha carta na que se lles explica a actividade.

(Fonte da imaxe: http://pachinypachan.blogia.com/temas/protagonista-de-la-semana.php)

Entre as características que se anotan nese cartel atópanse:

  • Características de identidade: talla, peso,…
  • Afeccións e gustos persoais: comidas, xogos, contos,…
  • Cousas boas, cualidades positivas

Para iso, os compañeiros deben sinalar cualidades positivas do neno/a-protagonista. Este é un dos momentos máis importantes da actividade en relación ao neno/a  con baixa autoestima, xa que o enfoque sobre o positivo mellorará a valoración social do neno/a e o seu  propio autoconcepto.

Finalmente co cartel faise un libro de regalo ao neno/a para que o leve á súa casa de recordo.

Esta actividade admite algunhas variantes. Temos máis materiais para ampliar información en:

1. Artigo en PDF, de 17 páxinas, elaborado por Cristina Bertran Culla e Anna Gassó Gimeno, na revista Aula Material, nº 33, Outubro 1995, Suplemento Aula 43. Moi completo e con fichas xa elaboradas para imprimir.

2. Artigo en PDF, de 5 páxinas, elaborado por Gema Paz de Castro, na revista dixital Investigación y Educación, nº 22, febreiro 2006. Explicación sinxela da actividade.

3. Un exemplo dun libro elaborado, no blog La Cajita Mágica.

Comentarios desactivados en O protagonista da semana

XoseNovembro 19th 2009Convivencia, Metodoloxía aulaXose on in