Archive for the 'Formación profesorado' Category

Viaxe á escola do século XXI

O 3 de febreiro presentouse o libro de Alfredo Hernando, ‘Viaje a la escuela del siglo XXI’, patrocinado por Fundación Telefónica España, e que se pode descargar nesa web.

Este proxecto educativo identifica as escolas máis innovadoras do mundo para comprender as metodoloxías clave que están cambiando a educación.

 

Comentarios desactivados en Viaxe á escola do século XXI

XoseFebreiro 4th 2016Formación profesoradoXose on in

César Bona, candidato ao ‘nobel’ dos profesores

(Invitamos a ler este artigo publicado no xornal El Huffginton Post)

Está o mellor profesor del mundo en España? César Bona García é mestre no colexio  público Puerta Sancho de Zaragoza, ten 42 anos, é licenciado en Filoloxía Inglesa e convertiuse no único español seleccionado para o Global Teacher Prize, considerado o nobel do ensino e dotado cun millón de dólares.

GLOBAL TEACHER PRIZE. César Bona from pluviason on Vimeo.

Neste vídeo resúmense 6 anos do traballo de César Bona nas aulas. Nel aparecen ex-alumnos, pais e nais de ex-alumnos, directores de escola, mestres…

Ler todo o artigo en El Huffington Post.

Comentarios desactivados en César Bona, candidato ao ‘nobel’ dos profesores

XoseDecembro 16th 2014Formación profesoradoXose on in

Revista de COPOE, nº 1, novembro 2014

Enlace á páxina de presentación:

http://www.copoe.org/revista-copoe-educar-y-orientar

Enlace ao no 1 da revista:

http://www.copoe.org/educar-y-orientar-n1-noviembre-2014

 A súa filosofía é básicamente divulgativa e de implementación da profesión de orientación, pero sen perder o seu fondo científico.

Comentarios desactivados en Revista de COPOE, nº 1, novembro 2014

XoseDecembro 2nd 2014Formación profesoradoXose on in

Ensino ou aprendizaxe?

Recomendo a lectura dun artigo que invita á reflexión sobre a práctica docente. Leva por título: Qué enseñar y cómo aprender, no blog Ayuda al estudiante, de Carlos Arroyo. Neste artigo o autor chama a atención sobre o importante desfase metodolóxico e pedagóxico que padecemos no sistema educativo.

 

“Son dos conceptos íntimamente relacionados, pero no intercambiables. En una lluvia desordenada de ideas, y con los matices que se desee, un enfoque centrado en la enseñanza suele dar más importancia al temario establecido que a atender a las peculiaridades, necesidades o curiosidades de los estudiantes; a lo que el profesor conoce, más que a lo que el estudiante necesita; al procedimiento establecido, más que a las dinámicas vivas del aula; a la teoría, más que a la práctica; a la exposición magistral, más que al trabajo colaborativo de los estudiantes; al dictado del profesor, más que a la presentación de trabajos; a la información literal, más que a estimular la singularidad creativa; al examen como único instrumento de evaluación, más que a la evaluación continua (real, no ficticia); al estudio individual, más que a los trabajos especiales como forma monitorizada de descubrimiento y aprendizaje; a la ciencia en el aula, más que a la ciencia en el laboratorio; al libro de texto, más que a los recursos tecnológicos coherentes y eficaces; al libro único, más que al entrenamiento en el manejo de documentación complementaria; al alumno promedio alto, más que al refuerzo (si fuera posible) de alumnos con ligeros déficits; a las calificaciones, más que a las notas con propuestas directamente orientadas a la mejora, y, lo más relevante en mi opinión: al aprendizaje memorístico, más que al aprendizaje significativo.”

Ler artigo completo

Comentarios desactivados en Ensino ou aprendizaxe?

ruagalegoAbril 4th 2013Formación profesoradoruagalego on in

“Cuestión de Educación” en Salvados (La Sexta TV)

Con data do 3 de febreiro emitiuse en La Sexta o programa dedicado ao estado da educación en España. Comeza Jordi Évole debuxando o panorama da educación, e en particular da escola pública, mediante unha entrevista a Xurxo Torres (catedrático de educación na Universidade de A Coruña) e outra a Francesc Freixanet (director dunha escola pública en Cataluña). Na segunda parte do programa viaxa a Finlandia para  estudar a realidade educativa nese país e comparala coa realidade española. Acompáñase dunha entrevista a unha profesora finlandesa dunha sección bilingüe en español e a un profesor español que traballa en Finlandia. O contraste entre o sistema educativo dos dous países é moi grande (e tal vez tamén o propio sistema social). O programa remata cunha frase moi emotiva.

Este programa ofrece unha invitación para reflexionar sobre cuestións básicas, como a formación do profesorado e o seu prestixio social, o compromiso político por un modelo educativo a longo prazo, o papel das familias como educadores, etc.

CuestEducacion

Comentarios desactivados en “Cuestión de Educación” en Salvados (La Sexta TV)

ruagalegoFebreiro 4th 2013Formación profesoradoruagalego on in

A educación prohibida (película completa HD)

A Educación Prohibida é unha película documental estrenada no mes de agosto de 2012, dirixida polo realizador arxentino German Doin. Cunha duración de dúas horas e media, e cun formato centrado en entrevistas, é unha invitación á reflexión sobre o papel da escola e dos educadores na sociedade actual.

Na película trabállase material de pedagogos, sociólogos, educadores, semiólogos, filósofos. Algúns nomes son: Erich Fromm, Michael Focault, Ivan Illich, Jean Piaget, Paulo Freire, María Montessori, Ken Robinson, John Taylor Gatto, Jiddu Krishnamurti, Alexander S. Neill, Rebecca Wild, Lev Vigostky, Humberto Maturana, Howard Gardner, entre outros.

Páxina web onde se publica a película e que ofrece toda a información do proyecto (www.educacionprohibida.com)

Relación de experiencias educativas, pedagoxías e métodos referenciados no filme, así como as persoas entrevistadas.

Blog de German Doin

 

Comentarios desactivados en A educación prohibida (película completa HD)

ruagalegoXaneiro 22nd 2013Formación profesoradoruagalego on in

Redes – Das intelixencias múltiples á educación personalizada

 En dúas décadas, Howard Gardner revolucionou a psicoloxía coa súa teoría das intelixencias múltiples. O seu traballo incidíu na mellora do sistema educativo e valeulle un recoñecemento internacional e numerosas distincións, entre elas, o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011.

Comentarios desactivados en Redes – Das intelixencias múltiples á educación personalizada

XoseDecembro 17th 2011Formación profesoradoXose on in

Plan de Orientación Educativa 2009-2010

No último claustro aprobamos o plan de orientación educativa para este curso. O plan de orientación educativa inclúe tanto o plan de acción titorial (PAT) como o plan de atención á diversidade (PAD).

Plan de Orientación Educativa do CEIP A Rúa, 2009-2010

As liñas prioritarias a desenvolver durante este curso serán as seguintes:

Promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflitos: negociación das normas de aula, elección de representantes de convivencia por cada aula, desenvolvemento de obradoiros de habilidades sociais, etc.

Atención á diversidade: detección de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e distribución dos recursos necesarios, persoais e materiais, para a súa atención.

Apoio á función titorial: avaliación inicial do alumnado, participación nas sesións de avaliación, habilidades sociais e resolución de conflitos, hábitos e técnicas de estudo, etc. O departamento de orientación tamén ofrece asesoramento na posta en práctica da cultura das competencias e os cambios que implica a nivel de programacións, metodoloxía e avaliación principalmente.

Coordinación co IES de Rodeira nos programas  que están en funcionamento, tal como o programa de transición do alumnado de 6º de primaria aos estudos de ESO.

Impulso da participación dos pais e nais nas tarefas educativas, posta en marcha dunha escola de nais e pais en colaboración co concello.

Coordinación cos orientadores da zona e participación en proxectos de formación.

Posta en marcha dun blog do departamento de orientación que sirva de canle de información á comunidade educativa, especialmente ás familias do noso alumnado.

Comentarios desactivados en Plan de Orientación Educativa 2009-2010

XoseOutubro 31st 2009Formación profesoradoXose on in