Archive for the 'Orientación a pais e nais' Category

Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014

Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos (opción que recomendamos).

No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán encher a solicitude manualmente no impreso que poden descargar nesta mesma entrada ou que poden solicitar no centro educativo. (Neste caso lembren que non recibirán información escrita, terán que poñerse en contacto coa sección de Bolsas  para coñecer o estado da súa solicitude).

Tamén adxuntamos  unha nota informativa para axudarlles a que todas as solicitudes veñan completas e así poder axilizar a resolución.

O prazo de presentación da solicitude remata o día 30 de setembro de 2014.

Comentarios desactivados en Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014

XoseXullo 18th 2014Orientación a pais e naisXose on in

Folletos de axuda a pais e nais

No blog “Familia y Cole”  podemos atopar e descargar os  “Folletos de ayuda a padres y madres”, elaborados por Jesús Jarque. Nestes sinxelos folletos, de 4 páxinas cada un, ofrécense orientacións prácticas e realistas sobre temas clave de educación dos fillos, de 3 a 12 anos aproximadamente.

MATERIAIS DO PROXECTO AMBEZAR (Na web Orientación Andújar)

ORIENTACIÓNS ELABORADAS POLOS E.O.E. DE CÓRDOBA SOBRE CÓMO SE DEBE ACTUAR COS NOSOS FILLOS/AS DIANTE DE DETERMINADAS SITUACIÓNS PROBLEMÁTICAS

MODIFICACION DE CONDUCTA

Comentarios desactivados en Folletos de axuda a pais e nais

XoseSetembro 11th 2013Orientación a pais e naisXose on in

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Informámoslles que se publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2013-14. Estas axudas van dirixidas ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, e tamén ao alumnado con altas capacidades.

O texto da convocatoria pode lerse no seguinte enlace:

Resolución de 13 de agosto de 2013, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2013-2014.

Na páxina www.educacion.es  ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.

No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán recoller no centro educativo o impreso para cubrilo manualmente.

O prazo para entregar a documentación remata o luns, día 30 de setembro.

Comentarios desactivados en Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

XoseSetembro 3rd 2013Orientación a pais e naisXose on in

Educar na responsabilidade, charla de Carmen Loureiro

 Hoxe tivemos o pracer de compartir o noso tempo con Carmen Loureiro, excepcional comunicadora, que vén falarnos de cómo educar na responsabilidade aos nosos fillos e fillas.
Educar é unha tarefa moi difícil. Poidemos ver o exemplo visual dunhas pinguiñas de auga insertadas nun fío de coser despois de seren atravesadas por unha agulla. A probabilidade de que as pinguiñas se desfagan é moi alta.
(Imaxe tomada de http://danzandoencasasolaydescalza.blogspot.com.es/2011/05/el-collar-imposible.html)
Educar é unha tarefa case imposible se non unimos todos as nosas forzas: a familia e a escola. Seguro que as dificultades aparecen cando o pai e a nai non se poñen de acordo no xeito de educar, pero estas acentúanse se ademais non fan piña cos mestres dos seus fillos/as. De aquí nace a importancia de manter unha boa relación e unha comunicación moi fluída entre pais e mestres.
Carmen falounos da pirámide das necesidades, baseada en Maslow, un psicólogo de corte humanista. Existen 5 tipos de necesidades básicas:
as fisiolóxicas (do corpo para alimentarse e estar san),
as necesidades de seguridade,
as de amor e pertenza,
as de autoestima, e
as de autorrealización.
 (Imaxe tomada en http://proyeccion.blogspot.es/1254454320/)
 Comezando polo nivel máis básico, se algún destes niveis non se atopa cuberto, as enerxías da persoa céntranse nel e impídennos seguir crecendo e cubrir as necesidades máis altas. Se unha persoa non se alimenta o suficiente, estará centrada en buscar comida e malamente poderá atender os outros tipos de necesidades.
Pero temos que ter coidado, pois os excesos tamén teñen inconvenientes, e a virtude está no equilibrio. A sobrealimentación leva á obesidade, o exceso de seguridade leva ao sobreproteccionismo e impide crecer e adquirir autonomía propia, co exceso de amor e pertenza sucede outro tanto, con reforzar excesivamente a autoestima conseguimos persoas engreídas.
Educar na responsabilidade significa formar persoas conscientes dos seus dereitos pero tamén dos seus deberes.  Persoas con condutas asertivas, é dicir, nin pasivas nin agresivas, nin que agachen a cabeza para dicir si a todo, nin tampouco que anden polo mundo humillando a todo aquel que atopan por diante. Ser asertivo significa saber defender os dereitos propios respectando ao mesmo tempo os dereitos dos demais. (Ver aquí para ampliar esta información)
Outra parte da charla foi dedicada á xestión dos conflitos. Diante dun conflito, o peor que podemos facer é discutir co noso fillo/a e tratar de impoñer a nosa visión “en quente”. A conduta máis prudente é utilizar a técnica do semáforo: estará vermello cando esteamos nerviosos/as, e nese momento o mellor é non facer nada e calmarnos, retirándonos da escena, e invitando ao noso fillo/a a “pensar” nun lugar tranquilo. O semáforo poñerase verde cando uns minutos despois (se o neno/a é cativo) esteamos máis calmados e poidamos dialogar sen a interferencia das emocións intensas. Debemos ter sempre en mente que nós somos un modelo que os nosos fillos/as imitan e do que en consecuencia aprenden. (Ver aquí para ampliar a información )
Na hora de educar podemos distinguir catro tipos básicos de estilos parentais:
Autoritario
Indulxente ou permisivo
Neglixente
Autorizativo
O estilo máis aconsellable é o autorizativo, mediante o cal o fillo/a aprende a aceptar a autoridade dos pais porque está baseada no respecto, no diálogo pero tamén no control. No estilo autoritario os pais impoñen directamente o seu parecer, mentres que nos estilos permisivos ou neglixentes, ou ben deixan facer ou ben desenténdense de todo.
(Recollido en http://reme.uji.es/articulos/numero32/article2/texto.html)
E como colofón, reproducimos a Carta dun neno aos seus pais, que Carmen nos invitou a ler, e que sen dúbida, nos axuda a reflexionar sobre o significado de educar.

Cando ti crías que eu non miraba…

vin que colgabas a miña primeira pintura na neveira

e inmediatamente quixen pintar outra.

Cando ti crías que eu non miraba…

vin que poñías alimento no plato do gato

e aprendín que era bo ser amable cos animais.

Cando ti crías que eu non miraba…

vin que facías a miña tarta favorita

e aprendín que as causas pequenas

poden ser especiais na vida.

Cando ti crías que eu non miraba…

vin que facías a comida e lla levabas a un amigo enfermo

e aprendín que todos temos que axudar a coidar a outros.

Cando ti crías que eu non miraba…

Vin como regalabas o teu tempo e o teu diñeiro

para axudar á xente que nada tiña…

e aprendín que os que teñen “algo”,

deben compartir cos que non teñen nada.

Cando ti crías que eu non miraba…

sentín o teu bico antes de deitarme

e sentinme amado e seguro.

Cando ti crías que eu non miraba…

vin que coidabas da nosa casa e de todos dentro dela

e aprendín a coidar o que nos foi dado.

Cando ti crías que eu non miraba…

vin como cumprías coas túas responsabilidades

aínda que non te sentiras moi ben

e aprendín que tería que ser responsable cando medrase.

Cando ti crías que eu non miraba…

vin saír bágoas dos teus ollos

e aprendín que ás veces as cousas doen

pero está ben chorar.

Cando ti crías que eu non miraba …MIÑA NAI

aprendín a maioría das leccións da vida

que necesito saber para ser unha boa persoa

cando medre.

Cando ti crías que eu non miraba…

Mireite e quería dicir:

GRAZAS por tódalas cousas que aprendín

CANDO TI CRÍAS QUE EU NON MIRABA

Comentarios desactivados en Educar na responsabilidade, charla de Carmen Loureiro

XoseMaio 15th 2012Orientación a pais e naisXose on in

Estimulación da linguaxe oral

Parécenos moi boa esta presentación en diapositivas de Slideshare, que resume dun xeito bastante completo, e acompañándose de viñetas de Mafalda, as recomendacións máis xerais e básicas para a estimulación da linguaxe oral dos nenos/as.

 
Unha lista de recomendacións xerais elaborada no CRA de Bergondo:
  • Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.
  • Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable é ampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.
  • Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar. (…) (Ver o artigo completo neste enlace)

Tamén están resumidas na seguinte imaxe recollida na web do mesmo colexio:

Na web do CEIP Terra Chá hai unha serie de orientacións máis globais, orientadas tamén ao profesorado, que inclúen exercicios de respiración e sopro, exercicios linguais e labiais, atención e concentración, memoria visual, etc.

Por último, e xa claramente dirixido ao profesorado, temos esta presentación en Slideshare sobre Prevención de dislalias e estimulación da linguaxe oral en educación infantil:
Prevencion de dislalias

Comentarios desactivados en Estimulación da linguaxe oral

XoseXaneiro 17th 2012Dificultades de aprendizaxe, Orientación a pais e naisXose on in

Mutismo selectivo

O mutismo selectivo reférese ao silencio selectivo nun neno/a que só fala libremente en situaciones moi familiares. Nenos que presentan este problema só falan confortablemente con membros moi cercanos da súa familia, e deixan de falar en contextos como o escolar. Algúns nenos evitan o contacto ocular e non se comunican de ningunha forma cos demais.

Engadimos deseguido unha lista de documentos que nos axudan a precisar un diagnóstico de mutismo selectivo e que nos ofrecen orientacións e recursos para o seu tratamento:

MUTISMO SELECTIVO: INFORME DA REDE  NORTEAMERICANA DE ANSIEDADE NA INFANCIA; (traducido de http://selectivemutism.org), documento pdf de 14 páxinas, bastante completo.

Mutismo Selectivo – Perfil Del Silencio, por  Richard Gallagher, Ph.D., traducido por Cristina Domínguez Martín e Lorena Gómez Guerrero. Documento web de 5 páxinas.

Mutismo selectivo, en Medline Plus, breve resumo das características máis xerais.

Nuestros niños (Programa de radio, California, EEUU) Guías: Emociones. Menos técnico que os anteriores, orientado a pais e nais, 1 páxina.

Comentarios desactivados en Mutismo selectivo

XoseXaneiro 17th 2012Orientación a pais e naisXose on in

Transición de 6º de primaria a 1º de ESO

Hoxe tivemos no noso cole de A Rúa unha charla dirixida aos pais e nais do alumnado de 6º curso, impartida polo xefe de estudos e a orientadora do IES de Rodeira, centro ao cal estamos adscritos. Nesta charla, informáronnos sobre moitos aspectos do Instituto que nos interesa coñecer a todos e todas: cales son os horarios de clases, cales as normas de réxime interno, servizos que ofrece o centro, instalacións, etc, etc.  O vindeiro 15 de marzo, ás 17:30, os pais e nais do alumnado de 6º curso están invitados a visitar o IES de Rodeira para coñecer sobre o terreo as instalacións do centro.

Pinchando na imaxe podes acceder á web do IES de Rodeira, onde atoparás información xeral sobre diversos aspectos.

No seguinte enlace do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso, de Marín, tes información detallada sobre a etapa da ESO: En que consiste esta etapa, Que duración ten, Que materias se imparten en 1º e 2º cursos da ESO, cales son os criterios de promoción de curso, etc.

Comentarios desactivados en Transición de 6º de primaria a 1º de ESO

ruagalegoFebreiro 23rd 2011Orientación a pais e naisruagalego on in

Escola de pais e nais no CEIP A Rúa

Invitamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar na Escola de pais e nais que organiza o departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas e na que colaboran a ANPA do noso colexio e o Departamento de Orientación.

A primeira sesión será o vindeiro xoves, día 21 de outubro, ás 17:00, no CEIP A Rúa. Despois celebrarase unha sesión cada quincena.

Unha escola de pais e nais trata os temas que máis nos preocupan sobre a educación e relación cos nosos fillos e fillas, e permite compartir os nosos puntos de vista cos doutros pais e nais.

É moi importante a vosa presenza, pois para que esta actividade se leve a cabo necesítase unha participación mínima de 12 pais e nais.

Lembrade que podedes traer aos vosos fillos/as pois temos unha coidadora que se fará cargo deles!

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Comentarios desactivados en Escola de pais e nais no CEIP A Rúa

ruagalegoOutubro 20th 2010Orientación a pais e naisruagalego on in

Educando emocións

Na escola de pais e nais desta semana rematamos a sección de Habilidades Sociais, parándonos en como mellorar  o noso autocontrol emocional e como afrontar a regulación de conflitos.

Vimos que unha emoción sempre se acompaña dun pensamento. A técnica básica para controlar as emocións consiste en intentar controlar os pensamentos buscando sempre posicións reflexivas e racionais.

A modo de resumo do tratado na sesión temos estes dous enlaces: a) Na web de Isabel Salama, sobre o autocontrol emocional. b) Na web Psicología Online, artigo de Ángel Antonio Marcuello García, sobre técnicas de control emocional.

É tamén moi boa esta presentación, en formato PDF, de 100 páxinas, co título “Autocontrol emocional y asertividad” adaptada por Ramon Casals, con autorización de Juana Pulido Díez.

Para coñecer aspectos básicos da educación emocional ofrecemos varios enlaces:

Recomendo unha moi boa web cun bo artigo sobre a intelixencia emocional e o control das emocións, en htttp://www.down21.org

Un artigo en formato PDF de 21 páxinas, co título de “La educación emocional”,  elaborado polo E.O.E.P nº 1 de Zaragoza.

A imaxe foi obtida neste artigo publicado na web http://www.concejoeducativo.org

En Google Books está publicado este libro que inclúe programas para educación primaria, por ciclos. O libro está coordinado por Agnès Renom Plana, e editado por Wolters Kluwer.

Unha técnica moi utilizada con nenos e nenas é a técnica do semáforo, que busca asociar as cores do semáforo co control das emocións e a busca de condutas reflexivas.

Temos máis recursos nunha entrada anterior deste mesmo blog.

 

ACTUALIZACIÓNS

Outubro 2015

Moi interesante a web palabrasaladas.com, que nos presenta o libro EMOCIONARIO, moi recomendado para todas as idades.

Comentarios desactivados en Educando emocións

XoseMarzo 19th 2010Convivencia, Orientación a pais e naisXose on in

Por un consumo de Natal responsable

aplastada1.jpg

“Necesitas vestir ropa de marca para saber quién eres. Necesitas una casa en propiedad para sentirte seguro. Necesitas un todoterreno para pensar que puedes ir donde quieras. Necesitas tener un cuerpo “perfecto” para sentirte visible frente a los demás. Necesitas tener varias tarjetas de crédito para usarlas a modo de terapia cuando te sientes deprimido. Necesitas demostrar lo que sientes comprando algo y regalándolo. Necesitas irte lejos en tus 30 días de vacaciones para pensar que mereció la pena trabajar a destajo los 11 meses restantes del año.
¡Necesitamos que sigas necesitando!”

educarvalores1.jpg

“Cuando tenía 2 años le regalaron su primer coche de juguete: una reproducción en miniatura de un Ford Fiesta.
A los 3 descubrió que le encantaba subirse a “conducir” los coches que hay en la puerta de los bares y que se activan al echarles una monedita. El sueño de poder montar en un cochecito Feber se cumplió a los 5.
Con 6, “Cars” de Walt Disney se convirtió en su peli favorita. El scalextric fue el regalo de su tío Pablo cuando cumplió los 8. A los 9 era el rey del volante en los videojuegos de Fórmula 1.
Con 11 aprendió en las clases de educación vial en el colegio que el espacio público es para los coches y no para las personas.
El coche teledirigido fue el premio que le dieron sus padres por aprobar todo el curso cuando cumplió los 12 años.
A los 18 se sacó el carné de conducir.
A los 27 le regaló a su hijo una reproducción en miniatura de un todoterreno.”

educar2.jpg

“Sola, porque no sabe que puede perder un amor, arruinar un romance, si su olor corporal molesta”, dice un anuncio de los años cincuenta del desodorante Dryad. Y sin embargo, la foto de aquel anuncio aún expresa más: una guapa y joven mujer, con la mirada perdida, juega triste al solitario con una baraja de cartas. Su futuro depende de un desodorante.

El machismo ha sido una de las constantes ideológicas de la publicidad desde sus inicios y no sólo como reclamo para el cliente masculino: es muy rentable una mujer a la que no le gusta su cuerpo y se cuida con docenas de productos de belleza y se autoimpone ir al gimnasio dos veces por semana, que quiere gustar siempre y llena de ropa su armario cada temporada, que identifica la personalización de su hogar con muebles de usar y tirar, que como no tiene tiempo para comer se alimenta de productos precocinados, alimentos funcionales o complementos light, que como no tiene tiempo para relacionarse habla durante horas a través del móvil…”

Se algún destes anuncios te invita a reflexionar ou píntache unha interrogante con formato de negriña nalgún lugar da conciencia entón propóñoche que vexas uns cantos máis no documento sobre contrapublicidade elaborado por ConsumeHastaMorir, un grupo vinculado a Ecoloxistas en Acción. (Pinchando na imaxe descargas o documento, de 2,6 megas, en formato .pdf)

Os textos e imaxes que contén este libro son unha selección do traballo de “ConsumeHastaMorir”, contrapublicidades que responden ao monólogo comercial a base de descubrir o papel ideolóxico que xoga a publicidade e o discurso das grandes empresas anunciantes que a sustenta.

Desde a Area de Consumo da web Ecologistas en Acción propóñennos unha serie de criterios de consumo referidos a xoguetes e regalos, alimentación, mobles ou roupa.

Máis recomendacións na web da Axencia Catalana do Consumo, que fan referencia a :

  1. Botar contas antes de comprar
  2. Favorecer un consumo de proximidade no comercio local e produtos do comercio xusto.
  3. Contribuír a un nadal sostible e respectuoso co medio ambiente
  4. Moito coidado á hora de comprar xoguetes, en especial os videoxogos.

Xa para terminar,  presentamos un documento a modo de resumo onde se incide especialmente nos criterios a ter en conta na compra de xoguetes.

Tamén se pode ampliar a información sobre os xoguetes máis axeitados para os nosos fillos no artigo O xogo e os xoguetes na infancia deste mesmo blog.

Comentarios desactivados en Por un consumo de Natal responsable

XoseDecembro 23rd 2009Orientación a pais e naisXose on in