Archive for the 'Recursos para a aula' Category

A aprendizaxe da ortografía

A editorial BOIRA, a través da súa plataforma BOIRA FORMACIÓN  de vídeo-cursos gratuitos online para docentes, publica un curso de mellora da ortografía, dirixido por Daniel Gabarró, que promove a utilización de estratexias baseadas en PNL (Programación neuro-lingüística).

No enlace que segue figura a lista para acceder aos 14 vídeos que completan o curso:

http://boiraformacion.com/dominar-la-ortografia-sin-esfuerzo.html

O manual coa fundamentación e proposta metodolóxica para docentes en:

Buena ortografía sin esfuerzo con PNL, de Daniel Gabarró e Conxita Puigarnau, pdf de 90 páxinas.

Cadernos para alumnos/as:

Buena ortografía sin esfuerzo (Caderno para traballar no ciclo inicial de primaria), en pdf, 35 páxinas, de Daniel Gabarró.

Buena ortografía sin esfuerzo (Caderno para traballar no ciclo medio de primaria), en pdf, 32 páxinas, de Daniel Gabarró.

Outros enlaces que ofrecen unha visión complementaria sobre a aprendizaxe da ortografía en:

http://www.reglasdeortografia.com/introduccion.html

http://reglasdeortografia.com/ortoindice.html

Comentarios desactivados en A aprendizaxe da ortografía

XoseAbril 13th 2015Dificultades de aprendizaxe, Recursos para a aulaXose on in

Mellora da competencia lectora: recursos TIC

Aplicación LEA (Lectoescritura Adaptada), de Juan García Moreno, do CEIP Blas Infante, en Lebrija, Sevilla. Ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe, semidirixida ou autónoma, das competencias lectoras e escritoras básicas, tanto na súa fase inicial como nas de afianzamento. Ver información didáctica sobre esta aplicación.

Aplicación ALE (Axuda á Lectoescritura), Aplicación desenvolvida pola Junta de Andalucía na que se presentan varias actividades de ortografía, lectura, escritura e vocabulario.  Autores: Francisco López Hijano y Francisco Vega Sepúlveda.

Ayudaalalectoescritura

 

Dende o banco de recursos de Educarex, da Junta de Extremadura, traemos un par de recursos TIC para traballar a aprendizaxe da lectura, a mellora da velocidade lectora e, en último termo, a comprensión de textos e a competencia lectora. Estes recursos están elaborados partindo da filosofía de Glenn Doman, e  son:

MÉTODO INTERACTIVO DE LECTURA FUNDAMENTADO NA FILOSOFÍA DE GLENN DOMAN (Primeiro e Segundo Ano),  elaborado por Santiago Ortiz, Antonio Vega e Diego Guerrero. Recoméndase ler o manual antes de comezar a utilizar a aplicación. O programa completo estrutúrase en 3 cursos de 30 semanas de duración cada un. Dun xeito progresivo o alumno/a irá adquirindo velocidade lectora e desenvolvendo a habilidade lectora.

Aplicación para mellorar a competencia lectora, de Santiago Ortiz, Diego Guerrero e Santiago Campo. Permite ler tanto palabras como textos á velocidade que nós lle indiquemos previamente. Ten unha proba de velocidade lectora e é totalmente configurable de xeito que permite crear listas de palabras e textos a gusto do usuario. Tamén dispón dun manual moi completo.

 Á parte do anterior, outro enlace para educación primaria, con Actividades para mellorar a comprensión e a velocidade lectoras, e a habilidade visual, na web do C.E.I.P. “Benedicto XIII”, de Illueca (Zaragoza). Na mesma web podemos atopar Actividades para a maduración lectora en educación infantil.

Outro máis é a web Reglas de Ortografía, onde ademais de traballar este tema tamén ten probas de velocidade lectora e de comprensión, con textos adaptados aos diferentes ciclos de educación primaria.

No blog Aula de apoyo: pase sin llamar…  publican un artigo que recompila recursos variados para atender todas as dimensións da mellora da velocidade e fluidez lectora.  Destacan os exercicios, fichas e actividades online para mellora da velocidade lectora publicadas na web Psicologoescolar.com

Na web Logopedia escolar en Asturias atopamos outra recompilación de recursos para a aprendizaxe da lectoescritura.

A recompilación máis completa e extensa que atopei está no blog Segundo Y Tercer ciclo primaria (3º – 4º y 5º) : ejercicios, recursos y actividades. (O blog de Hiara).

Comentarios desactivados en Mellora da competencia lectora: recursos TIC

ruagalegoOutubro 19th 2012Dificultades de aprendizaxe, Recursos para a aularuagalego on in

Discalculia

A discalculia é o nome co que nos referimos ás dificultades na aprendizaxe das matemáticas.

Presentamos uns enlaces que nos ofrecen información sobre a discalculia, como poder diagnosticala e suxestións de traballo co alumnado que presenta esta dificultade na aprendizaxe das matemáticas.

Discalculia: Artigo na Wikipedia

Discalculias: Perspectivas y aspectos psiconeurológicos
Autor: Dr. Sergio Dansilio  pdf (27 páxinas)

La Discalculia: web de Josep M Serra Grabulosa

A discalculia, artigo na web El rincón de AL

Trastorno de cálculo (Discalculia), na web Psicodiagnosis, de Sergi Banús Llort (Psicólogo clínico infantil)

Discalculia, en http://mural.uv.es/maluimu/discalculia.htm

Discalculia, la dislexia de los números, en Eroski Consumer

Formas divertidas de aprender matemáticas, en Eroski Consumer.

Presentación en Slideshare, de Victoria Murat.

Discalculia from entornos

 

 

Ver recursos web interesantes  para traballar co alumnado nos seguintes enlaces:

Maremáticas, actividades de matemáticas ambientadas no mundo mariño, para primeiro ciclo de primaria, de José Juan Eiras Sánchez. En lingua galega, en Abalar.

Metamodelos TIC  Centrado na resolución de problemas

Así calculamos en mi cole,  Actividades de cálculo, dando primacía ao pensamento e a expresión oral do mesmo.

Matemáticas Primaria, recurso multimedia destinado ao ensino e aprendizaxe do currículo da área de matemáticas na educación primaria.

Matemáticas máxicas, curiosidades matemáticas moi atractivas para o alumnado.

Winmates, moitos exercicios de cálculo mental e resolución de problemas, con niveis adaptados ao éxito dos alumnos/as.

Aula de Mate,  recompilación de xogos matemáticos (sudokus, tangram, cadrados máxicos, criptogramas, etdc.)

Contidos Educativos Dixitais, Junta de Extremadura

Comentarios desactivados en Discalculia

ruagalegoSetembro 26th 2012Dificultades de aprendizaxe, Recursos para a aularuagalego on in

Regulación dos conflitos

O conflito é aceptado como unha parte inevitable do funcionamento social.  Se existise unha vida sen conflitos estariamos privados das oportunidades necesarias para realizarnos. Aprendemos a través e grazas ao conflito. Pero o conflito soe resultar problemático e necesitamos de estratexias para canalizalo, para regulalo e encamiñalo de xeito que sexa construtivo para nós.

A modo de introdución pincha na imaxe de abaixo e terás unha exemplificación gráfica dunha estratexia básica para regular un conflito. Na web de Educarueca explícannos como traballar na aula a dinámica dos dous burros.

(Fonte do debuxo: Movemento americano contra a guerra – “No Foreing War Crusade – 1937”)

A seguir presentamos tres documentos que nos ofrecen información e recursos didácticos para traballar a regulación dos conflitos interpersoais na aula:

O primeiro é un documento de texto de 24 páxinas a modo dunha guía básica para docentes de ensinanza primaria. Analiza aspectos de provención, relaxación, análise do conflito, comunicación, empatía, asertividade, toma de decisións, mediación, metodoloxía didáctica e bibliografía.

A mesma web que recolle o enlace anterior ofrece un programa completo de resolución de conflitos secuenciado por idades, dende os 3 anos de educación infantil ata 6º curso de primaria, e que podemos imprimir por seccións independentes.

Por último, e xa enfocado aos docentes de primaria e secundaria presentamos este Taller de resolución/regulación de conflitos, realizado por Emilio Arranz Beltrán, que inclúe moitas dinámicas e vídeos.

Comentarios desactivados en Regulación dos conflitos

XoseMarzo 20th 2010Convivencia, Recursos para a aulaXose on in

Pautas e actividades para a mellora da atención

No blog Orientación Andújar teñen unha excelente sección  que inclúe un programa moi completo para traballar a mellora da atención do alumnado desde a etapa de educación infantil, con infinidade de fichas para imprimir.

Estas actividades non son só recomendadas para o alumnado diagnosticado con TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade), senón que resultan enriquecedoras para todos, pois hoxe en día a sobreestimulación á que están sometidos os máis pequenos dificulta un desenvolvemento axeitado desta capacidade básica na adquisición da aprendizaxe.

No seu blog inclúen un documento con pautas básicas para a mellora da atención así como unha proposta de exercicios variados de: asociación visual, percepción de diferenzas, integración visual, identificación de intrusos, discriminación e agudeza visual, labirintos,  seguimento visual, agudeza visual, figura-fondo, atención auditiva, localización rápida de datos, etc., ao que remite o seguinte enlace:

Ver a sección completa pinchando na imaxe:

Ver tamén no blog AULAPT.ORG

Comentarios desactivados en Pautas e actividades para a mellora da atención

XoseMarzo 4th 2010Recursos para a aula, TDAHXose on in

Mellora da autoestima

Hoxe, na escola de pais e nais traballamos a autoestima, unha cualidade básica para a correcta socialización dos nosos fillos e fillas. Enlazamos de seguido uns artigos para saber máis sobre a autoestima:

1. Na web de Guía Infantil.com temos unha sección dedicada a este tema, con varios artigos de sinxela lectura:

2. Na wikipedia atopamos a súa definición e os rasgos que definen unha boa e unha mala autoestima.

3. Na web de psicología-online temos un artigo que destaca as formas de mellorar a nosa autoestima e como elaborar proxectos de superación persoal.

4. Finalmente, no blog de Orientación Andújar atopamos unha recompilación de actividades e dinámicas para a mellora da autoestima para os nenos e nenas de educación infantil e primaria, que reproducimos a continuación:

TITORIAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Autoestima.

TITORIAS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Autoestima.

Comentarios desactivados en Mellora da autoestima

XoseMarzo 4th 2010Convivencia, Recursos para a aulaXose on in

Recursos para educación en valores e educación emocional, xogos cooperativos

No blog   atópase unha extensa selección de recursos para traballar co alumnado de educación infantil e primaria aspectos diversos de educación en valores e de educación emocional.

TITORIAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Educación en Valores.  (Autoestima, Cooperación, Responsabilidade, Tolerancia…)

Educación Emocional. (Expresar sentimentos, aprender a pensar, comunicación verbal e non verbal, Sentir e pensar…)

TITORIAS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Educación en Valores.

Educación Emocional.

Nesta mesma liña tamén resulta moi interesante traballar con xogos cooperativos. Podedes atopar algúns nos enlaces que seguen:

Xogos cooperativos para a convivencia sen violencia, na web de Educarueca.


Xogos para a cooperación e a paz, elaborados por Antonio Vicent, inclúe varias categorías de xogos:

Comentarios desactivados en Recursos para educación en valores e educación emocional, xogos cooperativos

XoseXaneiro 28th 2010Convivencia, Recursos para a aulaXose on in