Cartel con orientacións para alumnado con TEA

CARTEL PUBLICADO POLO GRUPO DE TRABALLO “ELABORACIÓN DE MATERIAIS PARA ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA”, do CEIP de TIRÁN (Moaña).

(Pinchando na imaxe accedemos ao cartel en pdf).

Comentarios desactivados en Cartel con orientacións para alumnado con TEA

Xose on Abril 2nd 2014 in TEA (Autismo)

Resumo das Xornadas TDAH no Morrazo (24-25 de xaneiro 2014)

Estes días celebrouse en Cangas as “Xornadas de TDAH no Morrazo: actuacións de coordinación institucional e intervención educativa”. O obxectivo das Xornadas era dar a coñecer o plan de actuacións de coordinación entre os distintos servizos sociais, médicos e educativos para diagnosticar, facer o seguimento e intervir diante do alumnado con TDAH. Un segundo obxectivo era amosar recomendacións para a intervención docente diante de alumnado con este tipo de transtorno.

Participou na primeira conferencia o doutor da USC Ángel Carracedo, experto en xenómica, que explicou algúns dos avances da xenética no diagnóstico e tratamento de enfermidades hereditarias, e algunhas das particularidades do xenoma das persoas diagnosticadas con TDAH. Na segunda conferencia, a doutora Carolina Castellano, do centro CADE de Madrid, centrou o seu discurso arredor do feito de que a persoa con TDAH ten un funcionamento alterado da ” intelixencia executiva”, que perde a capacidade de priorizar ou inhibir e actúa dun xeito impulsivo sen valorar suficientemente as consecuencias. O papel do docente será exercer como “intelixencia executiva externa”, guiando ao alumno na toma de decisións, exercendo de modelo que razona, anticipa e prevé consecuencias.

Celsa Otero Míguez e Xosé M. Vidal Bouzó expuxeron a incidencia estatística do TDAH nos concellos do Morrazo: Cangas, Bueu, Moaña e Vilaboa. A modo de resumo, entre o 4% e o 5% do alumnado de Primaria e ESO (6 a 16 anos) está diagnosticado con TDAH nalgún dos seus subtipos (TDAH combinado, TDA ou TH), sendo algo maior a incidencia entre os 8 e os 14 anos aproximadamente. Tamén chama a atención a dispersión dos datos, con variacións de diagnóstico do 1% ao 9% entre os distintos centros educativos.

No segundo día das Xornadas celebráronse uns talleres para o profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria, impartidos por profesorado con experiencia e colaboradores da asociación ANHIDA de A Coruña.

Como síntese do tratado nestas Xornadas, e de cara á intervención diante deste tipo de alumnado, proponse, na liña da teoría publicada, unha intervención multimodal que inclúa a intervención ao menos nos seguintes niveis:

1) Familiar: Os pais/nais e o entorno familiar próximo deberán recibir as axudas necesarias: información, axudas terapéuticas, participación en escolas de familia,… Os pais exercen como modelos de conduta dos seus fillos/as, e este feito esquecémolo a miúdo, co cal os nenos/as non acaban facendo máis que reproducir as condutas dos pais/nais.  Este círculo vicioso é preciso cortalo, e só os pais/nais teñen a capacidade de facelo.

2) Escolar:

  • A actitude, a mirada, a sensibilización do profesorado, e en particular do profesorado titor,  diante do alumno/a de TDAH como alumno/a afectado dun transtorno, que non é capaz de autorregularse só e precisa por tanto dunha axuda, unha guía externa. A súa intelixencia executiva non responde, é preciso ofrecerlle un modelo continuo, e que a voz do profesor/a exerza de intelixencia executiva do alumno, para que esta poida aprender e ir asumindo o seu papel.
  • A consecuencia máis importante desta nova mirada, é reforzar e apoiar ao alumno ao menor logro, buscando a mellora da súa autoestima como condición básica para obter a motivación e a súa implicación no traballo escolar. A axenda é un bo recurso para aprender a ordenar e organizar o tempo. Mentres este proceso se afianza, o alumno/a debe estar situado próximo á mesa do profesor/a, cos menos distractores posibles; é preciso que o profesor/a atope a mirada do alumno/a cando lle fala e lle transmita instrucións, e estas deben ser breves e claras. As tarefas deben ser asimesmo moi dosificadas. Deben figurar as normas da aula nun lugar ben visible, e recordalas a miúdo. Louvar en público e recriminar en privado. Buscar a complicidade co alumno/a.
  • De ser preciso, debe traballarse un programa individualizado co alumno/a, de corte cognitivo-condutual. Traballaranse aspectos como: 1) a aprendizaxe de autoinstrucións e reforzo da atención, 2) exercitar estratexias cognitivas (xogos de razoamento lóxico…), 3) o control dos impulsos e as emocións, autoestima (o protagonista da semana, a técnica da tartaruga, relaxación, resolución de conflitos).

3) Médico: Pode recomendar tratamento farmacolóxico como apoio.

Ver máis información nunha entrada anterior

Outros materiais de ampliación:

Vídeo: O funcionamento do cerebro das persoas con TDAH (5 minutos)

 

Vídeo: ” A hiperactividade e as claves para superala”, na TVE2, editado pola UNED, ano 2003, participa Isabel Orjales (20 mimutos de duración)

 

Outra documentación para reflexionar:

Vídeo de Ken Robinson, “Cambiando paradigmas” (11 minutos)

 

Comentarios desactivados en Resumo das Xornadas TDAH no Morrazo (24-25 de xaneiro 2014)

Xose on Xaneiro 28th 2014 in TDAH

Folletos de axuda a pais e nais

No blog “Familia y Cole”  podemos atopar e descargar os  “Folletos de ayuda a padres y madres”, elaborados por Jesús Jarque. Nestes sinxelos folletos, de 4 páxinas cada un, ofrécense orientacións prácticas e realistas sobre temas clave de educación dos fillos, de 3 a 12 anos aproximadamente.

MATERIAIS DO PROXECTO AMBEZAR (Na web Orientación Andújar)

ORIENTACIÓNS ELABORADAS POLOS E.O.E. DE CÓRDOBA SOBRE CÓMO SE DEBE ACTUAR COS NOSOS FILLOS/AS DIANTE DE DETERMINADAS SITUACIÓNS PROBLEMÁTICAS

MODIFICACION DE CONDUCTA

Comentarios desactivados en Folletos de axuda a pais e nais

Xose on Setembro 11th 2013 in Orientación a pais e nais

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Informámoslles que se publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2013-14. Estas axudas van dirixidas ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, e tamén ao alumnado con altas capacidades.

O texto da convocatoria pode lerse no seguinte enlace:

Resolución de 13 de agosto de 2013, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2013-2014.

Na páxina www.educacion.es  ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.

No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán recoller no centro educativo o impreso para cubrilo manualmente.

O prazo para entregar a documentación remata o luns, día 30 de setembro.

Comentarios desactivados en Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Xose on Setembro 3rd 2013 in Orientación a pais e nais

Ensino ou aprendizaxe?

Recomendo a lectura dun artigo que invita á reflexión sobre a práctica docente. Leva por título: Qué enseñar y cómo aprender, no blog Ayuda al estudiante, de Carlos Arroyo. Neste artigo o autor chama a atención sobre o importante desfase metodolóxico e pedagóxico que padecemos no sistema educativo.

 

“Son dos conceptos íntimamente relacionados, pero no intercambiables. En una lluvia desordenada de ideas, y con los matices que se desee, un enfoque centrado en la enseñanza suele dar más importancia al temario establecido que a atender a las peculiaridades, necesidades o curiosidades de los estudiantes; a lo que el profesor conoce, más que a lo que el estudiante necesita; al procedimiento establecido, más que a las dinámicas vivas del aula; a la teoría, más que a la práctica; a la exposición magistral, más que al trabajo colaborativo de los estudiantes; al dictado del profesor, más que a la presentación de trabajos; a la información literal, más que a estimular la singularidad creativa; al examen como único instrumento de evaluación, más que a la evaluación continua (real, no ficticia); al estudio individual, más que a los trabajos especiales como forma monitorizada de descubrimiento y aprendizaje; a la ciencia en el aula, más que a la ciencia en el laboratorio; al libro de texto, más que a los recursos tecnológicos coherentes y eficaces; al libro único, más que al entrenamiento en el manejo de documentación complementaria; al alumno promedio alto, más que al refuerzo (si fuera posible) de alumnos con ligeros déficits; a las calificaciones, más que a las notas con propuestas directamente orientadas a la mejora, y, lo más relevante en mi opinión: al aprendizaje memorístico, más que al aprendizaje significativo.”

Ler artigo completo

Comentarios desactivados en Ensino ou aprendizaxe?

ruagalego on Abril 4th 2013 in Formación profesorado

Matemáticas: mellora do cálculo con metodoloxías orientais

Recollemos esta noticia do xornal El País, co título: Disciplina y cálculo orientales para mejorar en matemáticas, onde nos invitan a coñecer 4 métodos para a mellora do cálculo baseados en metodoloxías asiáticas, onde prevalece o uso do ábaco. Os alumnos asiáticos son os que mellores puntuacións obteñen en PISA na área de matemáticas, pero tamén bos resultados noutras áreas.

Os métodos, xa comezados a implantar en España, son:

Kumon

Aloha METAL Arithmetic

UCMAS

Smartick (web online española)

Aproveito para engadir unha excelente páxina elaborada por Juan García Moreno, DIDACTMATIC PRIMARIA, un conxunto de “obxectos virtuais de aprendizaxe” que pretenden integrar as TICs con fundamento didáctico na ensinanza das matemáticas, baseada na ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, a análise crítica do currículo, o desenvolvemento de competencias e o fomento da CREATIVIDADE.

Comentarios desactivados en Matemáticas: mellora do cálculo con metodoloxías orientais

ruagalego on Abril 2nd 2013 in Dificultades de aprendizaxe

“Cuestión de Educación” en Salvados (La Sexta TV)

Con data do 3 de febreiro emitiuse en La Sexta o programa dedicado ao estado da educación en España. Comeza Jordi Évole debuxando o panorama da educación, e en particular da escola pública, mediante unha entrevista a Xurxo Torres (catedrático de educación na Universidade de A Coruña) e outra a Francesc Freixanet (director dunha escola pública en Cataluña). Na segunda parte do programa viaxa a Finlandia para  estudar a realidade educativa nese país e comparala coa realidade española. Acompáñase dunha entrevista a unha profesora finlandesa dunha sección bilingüe en español e a un profesor español que traballa en Finlandia. O contraste entre o sistema educativo dos dous países é moi grande (e tal vez tamén o propio sistema social). O programa remata cunha frase moi emotiva.

Este programa ofrece unha invitación para reflexionar sobre cuestións básicas, como a formación do profesorado e o seu prestixio social, o compromiso político por un modelo educativo a longo prazo, o papel das familias como educadores, etc.

CuestEducacion

Comentarios desactivados en “Cuestión de Educación” en Salvados (La Sexta TV)

ruagalego on Febreiro 4th 2013 in Formación profesorado

A educación prohibida (película completa HD)

A Educación Prohibida é unha película documental estrenada no mes de agosto de 2012, dirixida polo realizador arxentino German Doin. Cunha duración de dúas horas e media, e cun formato centrado en entrevistas, é unha invitación á reflexión sobre o papel da escola e dos educadores na sociedade actual.

Na película trabállase material de pedagogos, sociólogos, educadores, semiólogos, filósofos. Algúns nomes son: Erich Fromm, Michael Focault, Ivan Illich, Jean Piaget, Paulo Freire, María Montessori, Ken Robinson, John Taylor Gatto, Jiddu Krishnamurti, Alexander S. Neill, Rebecca Wild, Lev Vigostky, Humberto Maturana, Howard Gardner, entre outros.

Páxina web onde se publica a película e que ofrece toda a información do proyecto (www.educacionprohibida.com)

Relación de experiencias educativas, pedagoxías e métodos referenciados no filme, así como as persoas entrevistadas.

Blog de German Doin

 

Comentarios desactivados en A educación prohibida (película completa HD)

ruagalego on Xaneiro 22nd 2013 in Formación profesorado

Trastornos do espectro autista

Os trastornos do espectro autista teñen en común tres rasgos: por un lado, unha alteración na sociabilidade, segundo, unha alteración na comunicación, tanto verbal como non verbal, e en terceiro lugar uns intereses restrinxidos. Sen embargo, pode existir unha variabilidade moi ampla nestes rasgos, dende situacións leves a outras moi severas.

Resulta moi importante levar a cabo un diagnóstico precoz e unha intervención temperá, pois esta mellora nunha porcentaxe moi significativa o desenvolvemento do neno/a.

Un vídeo introdutorio a esta temática atopámolo no programa de Debates de TVE2, con data de setembro do 2010.

Para todos La 2 – Debates: El autismo

Nos documentos que se relacionan obtemos información de interese:

Autismo diario, web sen ánimo de lucro, orientada a difundir información relativa ao Autismo, Síndrome de Asperger, Trastorno Xeneralizado do Desenvolvemento “TXD”, Trastornos do Espectro Autista (TEA) e Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad “TDAH”. Conta con artigos elaborados por investigadores de prestixio.

El sonido de la hierba al crecer, blog de Anabel Cornago (coñecida como a nai de Erik, un neno con síndrome autista). Estimulación en autismo paso a paso. Moi completo, con moitas actividades de estimulación secuenciadas por áreas.

Teoría de la mente, blog de Anabel Cornago, dedicado ao seu libro “Manual de teoría de la mente para niños con autismo”.

Guía de intervención dirigida al alumnado con autismo, editada pola federación de autismo de Castela e León. Inclúe: Concepto e características dos alumnos con autismo; Pautas, modelos, adaptacións e niveis de intervención educativa; Necesidades e propostas concretas na aula. Publicación en pdf, de 40 páxinas.

ANA, Asociación Navarra de Autismo, Pautas para traballar a conversación con nenos con autismo.

Intervención precoz en autismo, artigo de Joaquín Fuentes, 11 páxinas.

La intervención temprana en el autismo: estudio de un caso, de López Ben , Isabel; Ameneiros García , Oscar; Fontán Mayobre, Victoria; Lorenzo Conde,
Josefa; Sánchez Novo, V.; Buceta Cancela, Ma José. Comunicación a congreso, 8 páxinas.

Outro vídeo recollémolo do programa Documentos TV, emitido por TV2 o día 2 de decembro do 2012 e que leva por título “O labirinto autista”.

 

Para realizar screening do Síndrome de Asperger existen varias escalas:

Test Infantil do Síndrome de Asperger (CAST) 

Escala Australiana para o Síndrome de Asperger (ASAS)

Comentarios desactivados en Trastornos do espectro autista

Xose on Decembro 13th 2012 in TEA (Autismo)

Mellora da competencia lectora: recursos TIC

Aplicación LEA (Lectoescritura Adaptada), de Juan García Moreno, do CEIP Blas Infante, en Lebrija, Sevilla. Ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe, semidirixida ou autónoma, das competencias lectoras e escritoras básicas, tanto na súa fase inicial como nas de afianzamento. Ver información didáctica sobre esta aplicación.

Aplicación ALE (Axuda á Lectoescritura), Aplicación desenvolvida pola Junta de Andalucía na que se presentan varias actividades de ortografía, lectura, escritura e vocabulario.  Autores: Francisco López Hijano y Francisco Vega Sepúlveda.

Ayudaalalectoescritura

 

Dende o banco de recursos de Educarex, da Junta de Extremadura, traemos un par de recursos TIC para traballar a aprendizaxe da lectura, a mellora da velocidade lectora e, en último termo, a comprensión de textos e a competencia lectora. Estes recursos están elaborados partindo da filosofía de Glenn Doman, e  son:

MÉTODO INTERACTIVO DE LECTURA FUNDAMENTADO NA FILOSOFÍA DE GLENN DOMAN (Primeiro e Segundo Ano),  elaborado por Santiago Ortiz, Antonio Vega e Diego Guerrero. Recoméndase ler o manual antes de comezar a utilizar a aplicación. O programa completo estrutúrase en 3 cursos de 30 semanas de duración cada un. Dun xeito progresivo o alumno/a irá adquirindo velocidade lectora e desenvolvendo a habilidade lectora.

Aplicación para mellorar a competencia lectora, de Santiago Ortiz, Diego Guerrero e Santiago Campo. Permite ler tanto palabras como textos á velocidade que nós lle indiquemos previamente. Ten unha proba de velocidade lectora e é totalmente configurable de xeito que permite crear listas de palabras e textos a gusto do usuario. Tamén dispón dun manual moi completo.

 Á parte do anterior, outro enlace para educación primaria, con Actividades para mellorar a comprensión e a velocidade lectoras, e a habilidade visual, na web do C.E.I.P. “Benedicto XIII”, de Illueca (Zaragoza). Na mesma web podemos atopar Actividades para a maduración lectora en educación infantil.

Outro máis é a web Reglas de Ortografía, onde ademais de traballar este tema tamén ten probas de velocidade lectora e de comprensión, con textos adaptados aos diferentes ciclos de educación primaria.

No blog Aula de apoyo: pase sin llamar…  publican un artigo que recompila recursos variados para atender todas as dimensións da mellora da velocidade e fluidez lectora.  Destacan os exercicios, fichas e actividades online para mellora da velocidade lectora publicadas na web Psicologoescolar.com

Na web Logopedia escolar en Asturias atopamos outra recompilación de recursos para a aprendizaxe da lectoescritura.

A recompilación máis completa e extensa que atopei está no blog Segundo Y Tercer ciclo primaria (3º – 4º y 5º) : ejercicios, recursos y actividades. (O blog de Hiara).

Comentarios desactivados en Mellora da competencia lectora: recursos TIC

ruagalego on Outubro 19th 2012 in Dificultades de aprendizaxe, Recursos para a aula